Hollywood

Modelo:Xeografía políticaHollywood
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 34°05′54″N 118°19′36″O / 34.0983, -118.3267
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoCondado dos Ánxeles
Cidade chárterOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación210.511 (2015) Editar o valor en Wikidata (2.647,94 hab./km²)
Xeografía
Superficie79,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude108 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal90027, 90028, 90029, 90038, 90046 e 90068 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

BNE: XX451456

Hollywood é un barrio situado nos alfoces d'Os Ánxeles, en California. Está considerado como a "meca" do cine. Non é só unha cidade construída por e para o cine, senón tamén é un xeito de entender o negocio cinematográfico, unha industria que dominou e domina os mercados audiovisuais mundiais. Este dominio fundamentouse historicamente na integración vertical da industria cinematográfica, isto é, os estudios controlaban a produción de películas, a súa distribución e a súa exhibición. Mediante esta práctica asegurábanse un amplo poder de mercado que converteu a industria nun oligopolio, asentado nos estudios de Hollywood pero financiado e controlado dende Wall Street en Nova York. Por outro lado, este dominio do negocio tamén se asentaba no chamado star-system, no emprego dos xéneros e no control por parte dos produtores do chamado "corte final" (a montaxe final da película). Grazas á conxunción de todos estes elementos, xa na década dos anos 1920, a industria cinematográfica era a primeira da economía dos Estados Unidos. Lonxe de minguar, este poder de mercado viuse acrecentado a nivel internacional. Hoxe en día, ningunha cinematografía nacional pode substraerse ó impacto do cine feito en Hollywood.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in