Holonimia

Holonimia é unha noción semántica que se opón a meronimia, do mesmo xeito en que se opoñen o todo e a parte. Así, por exemplo, bicicleta é un holónimo mentres que pedal, aro e guiador son merónimos.

A diferenza da relación "hiperonimia / hiponimia", que tamén distingue dous conceptos de distinto nivel, a relación "holonimia / meronimia" non é tanto de inclusión conceptual canto de inclusión material. En efecto, na oposición "FLOR / Rosa, caravel, nardo", o hiperónimo (flor) é unha categoría máis abarcante que inclúe entre os seus membros á rosa, ao caravel e ao nardo, entre outras flores. En cambio, na oposición "casa / dormitorio, comedor, cociña", o holónimo nomea ao todo que inclúe materialmente (dormitorio, comedor etc.).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in