Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Homer Simpson | |
---|---|
Personaxe de The Simpsons | |
Información | |
Dobraxe | Dan Castellaneta |
Sexo | Masculino |
Ocupación | Inspector de seguridade na Planta de enerxía nuclear de Springfield |
Parentes achegados | Esposa: Marge Fillos: Bart, Lisa e Maggie Pais: Abraham e Mona Medio-irmán: Herb Powell Familia Simpson |
Aparicións | |
Curtametraxes | "Good Night" (1987) |
Primeira aparición | "Simpsons Roasting on an Open Fire" (1989) |
Homer Jay Simpson é un dos personaxes principais da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons e pai da familia epónima. Dan Castellaneta é o encargado de proporcionarlle a voz e apareceu por vez primeira na televisión, xunta o resto da súa familia, na curtametraxe de The Tracey Ullman Show titulado "Good Night" o 19 de abril de 1987.