Hormona do crecemento

Hormona do crecemento
Hormona do crecemento 1
Identificadores
Símbolo GH1
Entrez 2688
HUGO 4261
OMIM

139250

RefSeq NM_022562
UniProt P01241
Outros datos
Locus Cr. 17 q22-q24
Hormona do crecemento
Identificadores
Símbolo GH2
Entrez 2689
HUGO 4262
OMIM

139240

RefSeq NM_002059
UniProt P01242
Outros datos
Locus Cr. 17 q22-q24

A hormona do crecemento (GH, do inglés: growth hormone) é unha hormona peptídica formada por unha cadea única de 191 aminoácidos, que estimula o crecemento, a división celular, e a rexeneración nos humanos e outros animais. É sintetizada, almacenada, e secretada polas células somatotropas situadas nas ás laterais da adenohipófise (glándula pituitaria anterior). A hormona do crecemento humana abréviase como hGH ou HGH. O termo somatotropina (STH) utilízase para referirse á hormona do crecemento 1 producida naturalmente polos animais, mentres que o termo somatropina fai referencia á hormona do crecemento producida pola tecnoloxía do ADN recombinante [1].

A hormona do crecemento utilízase en moitos países como medicamento con receita para tratar trastornos de crecemento en nenos e as deficiencias de GH en adultos. De todos modos, aínda que é legal, a súa eficacia e seguridade non foron polo momento debidamente probadas en ensaios clínicos. A hGH considérase unha hormona moi complexa, e moitas das súas funcións non se coñecen ben.[2] Como ten tamén efectos anabolizantes, algúns deportistas téñena usado como substancia dopante, pero o seu uso está prohibido polo Comité Olímpico Internacional[3][4][5].

A GH foi probada para mellorar o crecemento do gando nalgúns países, aínda que o seu uso é controvertido. Por exemplo, en Estados Unidos, só está aprobado o uso da somatotropina bovina para mellorar a produción das vacas leiteiras, e o leite pode comercializarse en envases con etiquetas que indiquen se foi producida ou non utilizando somatotropina bovina.[6][7].

  1. Daniels ME (1992). "Lilly's Humatrope Experience". Nature Biotechnology 10 (7): 812. doi:10.1038/nbt0792-812a. 
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ped
  3. Liu H, Bravata DM, Olkin I, Friedlander A, Liu V, Roberts B, Bendavid E, Saynina O, Salpeter SR, Garber AM, Hoffman AR (2008). "Systematic review: the effects of growth hormone on athletic performance". Ann. Intern. Med. 148 (10): 747–58. PMID 18347346. 
  4. Randall T (17-03-2008). "Athletes Don't Benefit From Human Growth Hormone, Study Finds". Bloomberg. Consultado o 28-08-2011. 
  5. Gaffney G (17-03-2008). Steroid Nation, ed. "Steroid Nation: Review from Stanford says HGH no benefit as PED". Consultado o 28-08-2011. 
  6. www.fda.gov, ed. (06-04-2011). "Center for Veterinary Medicine Master" (pdf). Consultado o 28-08-2011. 
  7. "Growth Promoters in Animal Production" (PDF). 2006. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 11-03-2012. Consultado o 28-08-2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in