Hornbostel-Sachs

A grande diversidade de instrumentos dunha orquestra pode ser clasificada a través do sistema Hornbostel-Sachs

Hornbostel-Sachs (ou Sachs-Hornbostel) é un sistema de clasificación de instrumentos musicais creado por Erich Moritz von Hornbostel e Curt Sachs, e publicado por primeira vez no Zeitschrift für Musik en 1914. En 1961 publicouse unha tradución ao inglés no Galpin Society Journal. Constitúe o sistema de clasificación máis amplamente usado polos etnomusicólogos e organólogos.

Baséase nun sistema desenvolvido a finais do século XIX por Victor Mahillon, restaurador da colección do Conservatorio de Bruxelas. O sistema Mahillon foi dos primeiros en clasificar de acordo co material ou parte do instrumento que producía o son, pero estaba limitado na súa maior parte aos instrumentos occidentais usados na música clásica. O sistema Hornbostel-Sachs é unha expansión daquel, no que é posible clasificar calquera instrumento musical de calquera cultura.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in