Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distritos (pt) | Horta, Barcelona | |||
Poboación | ||||
Poboación | 29.505 (2023) (9.579,55 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3,08 km² | |||
Horta é un barrio pertencente ao distrito de Horta-Guinardó, na cidade de Barcelona. Foi un municipio independente ata 1904, cando se anexiona á capital catalá. O nome provén da familia Horta, que foi propietaria do territorio desde o ano 1036 ata 1260. Habitada por nobres e mercadores desde o século XIV, crece ao redor do mosteiro da Vall d'Hebron, chegando o seu período de esplendor ata finais do século XVII. Atópase documentado por primeira vez no ano 965, onde se menciona o val de Horta. Antigamente o barrio foi o núcleo principal do municipio independente de Horta, que se correspondía máis ou menos co actual distrito de Horta-Guinardó.
O crecemento entre o século XVI e século XX foi debido á abundancia de auga que fixo posible a instalación de numerosas lavanderías. A prosperidade da zona tamén creceu cando chegou o tranvía no ano 1901. Na década de 1960 chegou o metro (L5) á praza Eivissa, a estación de Horta.
Aínda se mantén a estrutura do casco antigo ao redor da Praza de Eivissa e ten un ensanche residencial. No barrio tamén se atopa o Parque do Labirinto de Horta, que é o xardín máis antigo que se conserva de toda a cidade. É un xardín de tipo neoclásico que se empezou en 1794 nunha leira dos marqueses de Alfarràs. A beiras do parque atópase o velódromo de Horta, onde se disputaron algunhas probas polos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |