Hotel

O hotel de 4 estrelas Manor House Hotel en Castle Combe, Wiltshire, Inglaterra. Construído no século XIV, o hotel ten 48 habitacións e 1.5 km² de xardíns.
Entrada dun dos hoteis Ritz-Carlton

Un hotel[1] é un edificio planificado e acondicionado para albergar as persoas temporalmente, e que permite aos viaxeiros aloxarse durante os seus desprazamentos. Os hoteis tamén poden proporcionar aos hóspedes servizos adicionais como restaurante, piscina ou gardería. Algúns hoteis teñen servizos de conferencias e posibilitan organizar convencións e reunións no seu establecemento.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hotel.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in