Houston, Texas

Modelo:Xeografía políticaHouston, Texas
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

AlcumeSpace City Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aSam Houston (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 29°45′46″N 95°22′59″O / 29.7628, -95.3831Coordenadas: 29°45′46″N 95°22′59″O / 29.7628, -95.3831
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoTexas
County of Texas (en) TraducirCondado de Harris (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.304.580 (2020) Editar o valor em Wikidata (1.336,34 hab./km²)
Número de fogares874.827 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaGrande Houston (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:7.122.240) Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie1.724,544507 km² Editar o valor em Wikidata
Auga4,4473 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude13 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorAugustus Chapman Allen (pt) Traducir e John Kirby Allen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creaciónagosto de 1836 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJohn Whitmire (pt) Traducir (2024–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoHouston City Council (en) Traducir , (Escano: 16) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal77000–77099, 77200–77299, 77000, 77002, 77007, 77009, 77011, 77013, 77015, 77018, 77021, 77024, 77027, 77030, 77034, 77038, 77042, 77045, 77048, 77049, 77052, 77057, 77061, 77065, 77069, 77072, 77075, 77079, 77081, 77083, 77087, 77091, 77094, 77099, 77203, 77206, 77208, 77211, 77216, 77220, 77224, 77228, 77229, 77231, 77233, 77236, 77240, 77243, 77246, 77249, 77250, 77253, 77258, 77260, 77263, 77266, 77268, 77273, 77276, 77279, 77280, 77282, 77285, 77287, 77290, 77291, 77295 e 77298 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico281, 832 e 713 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webhoustontx.gov Editar o valor em Wikidata
Twitter: HoustonTX Instagram: houstoncity BNE: XX452553 Editar o valor em Wikidata
Houston

Houston (pronunciado en inglés /ˈhjuːstən/) é unha cidade do estado de Texas nos Estados Unidos. É a cidade máis grande de Texas e a cuarta máis grande dos Estados Unidos. Nas estimacións do censo de 2007 a cidade contaba cunha poboación de 2,2 millóns de habitantes nunha área de 1.600 km². Houston é a capital do condado de Harris e o centro económico da área metropolitana Houston–Sugar Land–Baytown (o Gran Houston).

É alcumada "Bayou City", "Clutch City", "H-Town", "Screwston ", "Magnolia City" e "Space City".

Foi fundada o 30 de agosto de 1836 polos irmáns Augustus Chapman Allen e John Kirby Allen nunha zona próxima ao Buffalo Bayou.[1] A cidade incorporouse o 5 de xuño de 1837 e recibiu o seu nome do daquela presidente da República de Texas, o antigo xeneral Sam Houston, quen comandara a Batalla de San Xacinto. Dita contenda tivera lugar a 40 km ao leste de onde a cidade foi establecida.

O crecente porto e a industria do ferrocarril, combinado co descubrimento de petróleo en 1901, provocou continuos incrementos repentinos de poboación na cidade. A mediados do século XX, Houston converteuse na base do Texas Medical Center, a maior concentración de institucións de investigación e de saúde do mundo, e do Centro espacial Lyndon B. Johnson da NASA, onde se sitúa o Centro de Control de Misión.

Considerada como unha cidade global beta,[2] a economía de Houston posúe unha ampla base industrial na enerxía, manufacturación, aeronáutica, transporte, saúde e un importante centro para a creación de equipos petrolíferos; só Nova York posúe máis sedes de empresas Fortune 500 nos límites da súa cidade.[3] O porto de Houston sitúase de primeiro nos Estados Unidos en tonelaxe manexada en augas internacionais o o segundo en tonelaxe total de carga manexada.[4].

É famosa pola industria petroquímica, o canal de naves, o centro médico e o programa espacial. Moitos hispanos trasladáronse a Houston a buscar emprego, dando lugar a unha importante poboación hispana na metrópole. Ten ademais importantes poboacións asiática e surafricana.

Entre as atraccións máis destacables da cidade atópanse o centro comercial Houston Galleria, a Illa de Galveston e o centro da NASA.

  1. McComb, David G. (19 de xaneiro de 2008). Texas State Historical Association, ed. ""Houston, Texas"". Handbook of Texas Online (en inglés). Consultado o 22-III-2010. 
  2. "GaWC - The World According to GaWC 2008". Globalization and World Cities Research Network (en inglés). Consultado o 22-III-2010. 
  3. "Fortune 500 2008: Cities" (en inglés). Consultado o 22-III-2010. 
  4. U.S. Port Ranking by Cargo Volume 2004 Arquivado 07 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.. Port Industry Information, American Association of Port Authorities. 2004.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy