Houston Rockets | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Suroeste |
Fundación | 1967 |
Historia | San Diego Rockets (1967–1971) |
Cores | Vermello, prata |
G League | Rio Grande Valley Vipers |
Retirados | 6 (22, 23, 24, 34, 45, CD) |
Localización | |
Cidade | Houston, Texas |
Pavillón | Toyota Center |
Capacidade | 18.055 espectadores |
Inauguración | 6 de outubro de 2006 |
Persoal | |
Propietario(s) | Tilman Fertitta |
Director | Rafael Stone |
Adestrador | Stephen Silas |
Títulos | |
Campión | 2 (1994, 1995) |
Conferencia | 4 (1981, 1986, 1994, 1995) |
División | 8 (1977, 1986, 1993, 1994, 2015, 2018, 2019, 2020) |
rockets.com |
Os Houston Rockets son un equipo de baloncesto profesional estadounidense con sede en Houston, Texas. O equipo xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). OS Rockets xogan os seus partidos como local no Toyota Center, pavillón con capacidade para 18.055 espectadores situado no centro da cidade. A franquía, fundada en 1967 como "San Diego Rockets", posúe dous títulos de capión da NBA e catro títulos da Conferencia Oeste.[1]
Na súa tempada de debut, os Rockets tan só gañaron 15 partidos, mais tras elixir na primeira posición do Draft da NBA de 1969 a Elvin Hayes, clasificáronse para os playoffs por primeira vez. Con todo, os Rockets non conseguiron finalizar unha temporada cun balance positivo de vitorias até a chegada de Moses Malone na temporada 1977−78. Malone gañou dous premios MVP durante a súa estancia en Houston, liderando ao equipo ás Finais de Conferencia na súa primeira tempada en Houston. Ademais levou ao equipo ás Finais da NBA en 1981, mais foron derrotados polos Boston Celtics en seis partidos.
En 1984, os Rockets elixiron no Draft ao pivote Hakeem Olajuwon, que xunto con Ralph Sampson, formou uns dos xogaos interiores máis altos da competición. Os alcumados como "Twin Towers" (do inglés: Torres Xemelgas) lideraron ao equipo ás Finais de 1986 no seu segundo ano, onde perderon de novo contra os Celtics. Nas seguintes tempadas continuaron clasificándose para os Playoffs, mais sen conseguir pasar da primeira rolda. En 1994 conseguen chegar de novo ás Finais, e esta vez logran o seu primeiro título tras vencer a un New York Knicks liderados por Patrick Ewing. Ao ano seguinte repetirían o éxito, esta vez vencendo aos Orlando Magic de Shaquille O'Neal e Penny Hardaway. No século XXI os Rockets contaron con estrelas como Yao Ming ou Tracy McGrady, mais non volveron a facerse co compaionato. Os Rockets son coñecidos actualmente polo uso da análise avanzada de estatísticas á hora de contratar xogadores e xogar.