Human Rights Watch

Human Rights Watch
Logo
AcrónimoHRW
Tipoorganización non gobernamental internacional, organización sen ánimo de lucro e organización de dereitos humanos
Campo de traballoDereitos humanos e ajuda humanitária
Área de operaciónmundial
Data de fundación1978 e 1988
Fundador(es)Robert L. Bernstein, Aryeh Neier e Jeri Laber
Presidente/aJames F. Hoge Jr. (pt) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
Director/aTirana Hassan
Nº de membros4 (2022) Editar o valor em Wikidata
Nº de empregados450 (2018) Editar o valor em Wikidata
PremiosUnited Nations Prize in the Field of Human Rights, Theodor Heuss Preis, Four Freedoms Award – Freedom from Fear e Premio Nobel da Paz
SedeNova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.hrw.org/
Facebook: HumanRightsWatch Twitter: hrw Instagram: humanrightswatch Youtube: UCI_UEa7e-Umig6N-4ZylopQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Human Rights Watch (HRW, literalmente Observatorio dos Dereitos Humanos) é unha organización internacional non gobernamental que defende e realiza pescudas sobre os dereitos humanos. A sede da HRW está localizada na cidade de Nova York e a organización mantén tamén oficinas en Ámsterdam, Beirut, Berlín, Bruxelas, Chicago, Xenebra, Xohanesburgo, Londres, Os Ánxeles, Moscova, París, San Francisco, Toquio, Toronto e Washington, D.C..[1] En 2014 abriu a súa primeira filial en América do Sur, en São Paulo.[2]

Human Rights Watch actúa por medio da creación de relatorios sobre a violación á Carta dos Dereitos Humanos, ben como a outras normas relativas a dereitos humanos a nivel internacional. Co obxectivo de chamar a atención da comunidade global sobre os abusos existentes, e tamén para crear presión sobre os gobernos, eses relatorios teñen cobertura nos medios de comunicación locais e internacionais. A súa metodoloxía é: investigar, denunciar e facer presión.

Os relatorios tocan asuntos como a discriminación sexual e social, a tortura, o emprego de nenos para fins militares, a corrupción política, os abusos do sistema xudicial, e a violación das leis do dereito humanitario internacional.

  1. "Frequently Asked Questions". Consultado o 20 de julho de 2013. 
  2. "PGR recebe ONG Human Rights Watch — Notícias Ministério Público Federal". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2015-06-30. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy