IBM

International Business Machines

Editar o valor em Wikidata
TipoMultinacional (NYSE: IBM)
Fundación1889
Localización Armonk, Nova York, EUA
Persoas claveSam Palmisano
IndustriaInformática
ProdutosHardware, Software, Consultoría, Outros
Beneficio 73.600 millóns de dólares (2020)[1]
Número de empregados345.900 (2020)[2]
Na rede
https://www.ibm.com/, https://www.ibm.com/uk-en, https://www.ibm.com/us-en/ e https://www.ibm.com/de-de/
Facebook: IBM Twitter: IBM Instagram: ibm Tumblr: ibmblr LinkedIn: ibm Youtube: UC8cc4pVKVHG7A9fbNsRNrLQ Pinterest: ibmfrance BNE: XX254046 Musicbrainz: bd76df85-2fb2-49d1-b4fe-ec7df774c07c GitHub: ibm Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

International Business Machines Corporation, máis coñecida como IBM é unha compañía informática estadounidense, con sede en Armonk (Nova York). A compañía fabrica e vende ordenadores, software, e servizos.

Edificio do IBM en Madrid.

Está presente en 170 países e conta con 345.000 empregados e activos valorados en máis de cen mil millóns de dólares (2005). É a maior compañía de tecnoloxía da información no mundo e unha das poucas con actividade dende o século XIX. As súas actividades abranguen todas as ramas da informática e da tecnoloxía da información: investigación, tecnoloxía, software e finanzas. Lidera a investigación en diversas áreas como na nanotecnoloxía e en ordenadores maiframe.

Arvind Krishna ostenta o cargo de CEO dende abril de 2020.

No ano 2002 adquiriu a sección de consultoría da firma de servizos PricewaterhouseCoopers, dirixindo os seus negocios a consultoría para empresas, servizos e software, mantendo especial relevancia tamén a tecnoloxías de hardware e chips de gama alta. A rama de investigación, IBM Research, conta con oitenta laboratorios no hemisferio norte, a metade deles fora dos Estados Unidos. Entre os seus empregados pódense contar cinco premios Nobel. Posúe tamén máis de 25.000 patentes no seu país de orixe, sendo este unha das principais fontes de ingresos da compañía.

  1. "IBM Reports 2020 Fourth-Quarter and Full-Year Results". IBM.com (en inglés). February 19, 2021. 
  2. "2020 IBM Annual Report" (PDF) (en inglés). IBM.com. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy