iMac | |
---|---|
Información xeral | |
Fabricante | Apple Inc. |
Familia | Familia Mac |
Tipo | Familia de ordenadores de sobremesa |
Información comercial | |
Data de lanzamento | 15 de agosto de 1998 |
Información técnica | |
Sistema operativo | macOS |
Web de Apple / iMac |
O iMac é un ordenador persoal de sobremesa deseñado e fabricado por Apple Inc. O iMac foi o "buque insignia" da gama Macintosh desde 1998, e adoptou tres aspectos básicos. Foi cualificado por Walt Mossberg coma o “estándar dourado dos computadores de mesa”. O iMac sufriu unha enorme innovación a partir da introdución do iPod, o que contribuíu ao drástico incremento dos beneficios de Apple Computer. Algúns tamén consideran que a popularidade do sistema USB de conexión se debe precisamente ao iMac.
A computadora goza dunha gran reputación dentro da cultura popular debido ó estilo do seu deseño e distintivos, propios de Apple. No 2006 converteuse no primeiro ordenador de Apple Macintosh en usar procesador de Intel.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |