ITunes Store

iTunes Store
Publicación inicial28 de abril de 2003
Sistema operativomacOS, Windows, tvOS, iOS
Plataforma/sTenda en líña, Distribución dixital
Sitio webwww.apple.com/itunes

A iTunes Store é unha tenda de contido dixital operada por Apple Inc. que abriu o 28 de abril de 2003. Está dispoñible na maioría dos dispositivos domésticos e portátiles de Apple, así como nalgunhas plataformas doutras empresas. A tenda abriuse como parte da iniciativa do entón CEO Steve Jobs para abrir un mercado dixital para a música; cando abriu, era o único catálogo dixital legal de música que ofrecese cancións dos cinco grandes selos discográficos, o que contribuíu no seu éxito e influencia no negocio da descarga de música.[1] Aínda que inicialmente era un xogador dominante nos medios dixitais, a mediados da década de 2010, os servizos de streaming estaban xerando máis ingresos que o modelo de compra que utilizaba a iTunes Store; Apple agora opera o seu propio servizo de música de streaming baseado na subscrición, Apple Music, paralelamente á iTunes Store.

  1. Langer, Andy (2014). "Is Steve Jobs the God of Music?". esquire.com. Consultado o 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in