Iate

Iate atracado na dársena da Coruña, preto das Galerías

Un iate[1] (do holandés Jacht) é unha embarcación de recreo, é dicir, para o uso e gozo unicamente lúdico, construída respectando o principio de Arquimedes para manterse na superficie da auga. A súa propulsión pode ser:

  • A motor, cun ou varios motores que poden ser foraborda ou integrados no casco da nave.
  • A vela.

Realmente, o termo iate pódese aplicar a calquera embarcación de recreo, pero utilízase especificamente para referirse ás embarcacións de recreo de máis categoría. É dicir, aquelas de maior eslora, maior potencial deportivo (cruceiros de roza), ou maiores prestacións no que se refire a cabinas, cubertas, e elementos accesorios.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iate.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in