Historia de Grecia | |
---|---|
Grecia prehelénica | |
Prehistoria de Grecia | |
-3200 | Civilización cicládica |
-2700 | Civilización minoica |
-1550 | Civilización micénica |
Grecia antiga | |
-1200 | Idade escura |
-800 | Época arcaica |
-510 | Época clásica |
-323 | Época helenística |
-146 | Grecia romana |
Grecia medieval | |
330 | Imperio bizantino |
1202 | Cuarta cruzada |
1453 | Grecia otomana |
Grecia contemporánea | |
1799 | República das sete illas |
1822 | Guerra de independencia |
1832 | Reino de Grecia |
1936 | Réxime do 4 de agosto |
1941 | Ocupación |
1946 | Guerra civil |
1967 | Ditadura dos coroneis |
1974 | República helénica |
Denomínase Idade Escura (1100 a 750 a.C.) ao período da historia de Grecia desde o colapso da civilización micénica e a suposta invasión doria até o xurdimento das primeiras cidades-estado gregas no século IX a.C. e dos primeiros textos en alfabeto grego no século VIII a.C.. Tamén se coñece como Idade Homérica, evocando os grandes monumentos épicos ou Período Xeométrico con criterios arqueolóxicos.
Pola súa denominación dá a entender que foi un período de regresión, pero en verdade que só nunha pequena parte, xa que nela se configuran os elementos esenciais e distintivos da civilización grega nos seguintes séculos. Colonización, adopción do alfabeto, auxe das cidades (as futuras poleis ou polis) sistematización dos seus mitos e comezos da literatura e recuperación do comercio interrexional, despois dos movementos dos pobos descritos antes.
Estes intercambios foron particularmente frutíferos e intensificáronse no seguinte período, chamado Arcaico.
En conxunto pódese afirmar que a Idade Escura é unha etapa que non racha a continuidade micénica, senón que o único que dela desaparece é a superestrutura política arredor dos pazos, é o pazo mesmo, pero as estrutura básicas mantéñense, seguido por un forte desenvolvemento comercial, a xeneralización da economía monetaria que alumaría o nacemento dunha cultura plenamente grega. Os acontecementos máis notables do período da Idade Escura inclúen as primeiras Olimpiadas, no 776 a.C., e a composición das obras épicas Homéricas a Ilíada e a Odisea.