Illa de Man

Modelo:Xeografía políticaIlla de Man
Isle of Man (en)
Mannin (gv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe
(2018)

HimnoArrane Ashoonagh dy Vannin Editar o valor em Wikidata

Lema«Quocunque Jeceris, Stabit»
«Wohin du es auch wirfst, es wird stehen»
«Whithersoever you throw it, it will stand»
«Където и да го хвърлиш, ще стои» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 54°14′06″N 4°31′30″O / 54.235, -4.525Coordenadas: 54°14′06″N 4°31′30″O / 54.235, -4.525
CapitalDouglas Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación83.314 (2016) Editar o valor em Wikidata (145,65 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua manx Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie572 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Snaefell (621 m) Editar o valor em Wikidata
Creación 10 de maio de 1765Dependencia da Coroa británica causado por Lei de compra da Illa de Man de 1765 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Señor Editar o valor em WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGoberno da Illa de Man Editar o valor em Wikidata
• Ministro xefe da Illa Editar o valor em WikidataHoward Quayle Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoTynwald , Editar o valor em Wikidata
Membro de
Moedalibra esterlina Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.im Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+44 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 e 999 Editar o valor em Wikidata
Código de paísIM Editar o valor em Wikidata

Páxina webgov.im Editar o valor em Wikidata

A Illa de Man (en inglés: Isle of Man; en manx: Ellan Vannin[1]), tamén coñecida simplemente como Mann (manx Mannin), é unha Dependencia da Coroa británica, localizada no Mar de Irlanda entre as illas de Gran Bretaña e Irlanda. O xefe de Estado é o Rei Carlos III, que ostenta o título de Señor de Man. O Señor de Man é representado por un Tenente Gobernador, pero as relacións exteriores e a defensa son responsabilidade do Goberno Británico.

A illa está habitada dende o -6500. Como unha das seis nacións celtas, ten grande influencia cultural gaélica dende o século V, e fálase a lingua manx, da familia lingüística goidélica. En 627, Edwin de Northumbria conquistou a Illa de Man xunto con gran parte de Mercia. No século IX, os pobos nórdicos comezaron a asentarse na illa. Posteriormente, os nórdicos de Escocia estableceron o Reino das Illas. O título dos reis levaría dende entón o sufixo "e das Illas". Magnus III, rei de Noruega, era tamén coñecido como "Rei de Mann e das Illas" como parte da civilización das Hébridas entre 1099 e 1103.[2] Xurdiu entón unha cultura nórdico-gaélica e a illa ficou baixo control nórdico. En 1266, a illa converteuse en parte de Escocia, formalizado no Tratado de Perth. Despois dun período no que o control da illa alternouse entre os reis de Escocia e os de Inglaterra, a illa pasou a formar parte do control feudal da Coroa Británica en 1399. O señorío revestiu na Coroa Británica en 1765, pero a illa nunca chegou a formar parte de Gran Bretaña ou o posterior Reino Unido, mantendo o seu status como unha dependencia da Coroa gobernada internamente.

  1. Ellan é a palabra manx para "illa" e Vannin é o caso xenitivo de Mannin, e significa "de Mann".
  2. Magnus 3 Olavsson Berrføtt – Norsk biografisk leksikon. Snl.no. Consultado o 29 de xullo de 2013.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy