Saaremaa ( danés: Øsel; inglés: Osel;[1] finés: Saarenmaa; sueco & alemán: Ösel) é a illa máis grande de Estonia, con 2.673 km².[2] É a illa principal do condado de Saare, está situada no mar Báltico, ao sur da illa Hiiumaa, e pertence ao Arquipélago Moonsund. A capital da illa é Kuressaare, que ten preto de 15.000 habitantes, a illa tiña 30.966 habitantes en 2013.
- ↑ [htt://alabamamaps.ua.edu/historicalmaps/europe/eastern_europe/russia_1876-1900.html Rand McNally and Company's Enlarged Business Atlas and Shippers Guide]. Rand McNally and Company. 1893.
- ↑ "Official Web page of Saaremaa". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 09 de agosto de 2017.