Illas Kuriles

Situación das illas Kuriles no Pacífico occidental.

As Illas Kuriles[1] (en en ruso Кури́льские острова, /Kuril'skie ostrova/), esténdense en dirección noroeste dende Hokkaido, no Xapón, até Kamchatka, separando o Mar de Okhotsk do océano Pacífico Norte. Forman parte do óblast ruso de Sakhalin.

As illas tamén son coñecidas en xaponés como 千島列島 (/Chishima rettō/ Arquipélago das Mil Illas ou o クリル列島 - /Kuriru rettō/, Arquipélago Kuril).

Os ainus habitaron as illas dende tempos remotos até a súa expulsión polos rusos no século XVIII. O Xapón quedou con elas en 1875 (Tratado de San Petersburgo) a cambio de ceder Sakhalin a Rusia. Rusia reclamoullas tras a segunda guerra mundial (Tratado de San Francisco), pero o Xapón mantén a reivindicación sobre as catro illas máis meridionais, coñecidas no Xapón como Territorios do Norte (Conflito das Illas Kuriles).

As illas son famosas pola súa néboa. Son ricas en algas e mais en peixe. A illa máis setentrional, Atlasov, é un cono volcánico case perfecto.

  1. VV.AA. (2007) Diciopedia do século XXI, p. 1177

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy