(ru) Курильские острова | ||||
Tipo | arquipélago territorio disputado | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Óblast de Sakhalin, Rusia | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Ojotsk e Océano Pacífico | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Altitude | 2.339 m | |||
Punto máis alto | Alaid (en) (2.339 m ) | |||
Superficie | 10.500 km² | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
7 de maio de 1875 | Tratado de São Petersburgo (pt) | |||
As illas Kuriles[1] (en en ruso Кури́льские острова, /Kuril'skie ostrova/), esténdense en dirección noroeste dende Hokkaido, no Xapón, até Kamchatka, separando o Mar de Okhotsk do océano Pacífico Norte. Forman parte do óblast ruso de Sakhalin.
As illas tamén son coñecidas en xaponés como 千島列島 (/Chishima rettō/ Arquipélago das Mil Illas ou o クリル列島 - /Kuriru rettō/, Arquipélago Kuril).
Os ainus habitaron as illas dende tempos remotos até a súa expulsión polos rusos no século XVIII. O Xapón quedou con elas en 1875 (Tratado de San Petersburgo) a cambio de ceder Sakhalin a Rusia. Rusia reclamoullas tras a segunda guerra mundial (Tratado de San Francisco), pero o Xapón mantén a reivindicación sobre as catro illas máis meridionais, coñecidas no Xapón como Territorios do Norte (Conflito das Illas Kuriles).
As illas son famosas pola súa néboa. Son ricas en algas e mais en peixe. A illa máis setentrional, Atlasov, é un cono volcánico case perfecto.