Illas Malvinas

Modelo:Xeografía políticaIllas Malvinas
Imaxe

HimnoGod Save the King (1833) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°44′S 59°13′O / -51.73, -59.22
Territorio reivindicado porReino Unido
Arxentina Editar o valor en Wikidata
CapitalPorto Arxentino/Stanley Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.550 (2018) Editar o valor en Wikidata (0,37 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie12.200 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
sen valor Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación3 de xaneiro de 1833 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Lexislativa das Illas Malvinas , (Escano: 11) Editar o valor en Wikidata
MoedaLibra das Illas Malvinas Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.fk Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+500 Editar o valor en Wikidata
Código de paísFK Editar o valor en Wikidata

Páxina webfalklands.gov.fk Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451371

As Illas Malvinas[1] (en inglés: Falkland Islands) son un arquipélago do océano Atlántico meridional, na plataforma continental patagónica. As illas principais atópanse a 483 km ó leste da costa da Patagonia, en América do Sur, na latitude 52°S. O arquipélago, cunha área de 12 000 km², abrangue a illa Soidade, a illa Gran Malvina e 776 illas máis pequenas. É un Territorio Británico de Ultramar e conta cun autogoberno, mais o Reino Unido encárgase da súa defensa e das relacións exteriores. A capital das Malvinas é Stanley, na illa Soidade.

Existe unha gran controversia sobre a descuberta e posterior colonización das Malvinas polos europeos. En varios momentos, as illas tiveron asentamentos franceses, británicos, españois e arxentinos. O Reino Unido reafirmou o seu control sobre o arquipélago en 1833, malia que a Arxentina mantiña a súa reivindicación sobre as illas. En abril de 1982, forzas arxentinas ocuparon temporalmente o territorio. A administración británica restaurouse dous meses máis tarde, no final da guerra das Malvinas.

A poboación (3 662 habitantes en 2012)[2] está constituída principalmente por nativos das illas, a maioría de ascendencia británica. Outras etnias inclúen franceses, xibraltareños e escandinavos. A inmigración procedente do Reino Unido, da illa de Santa Helena, no Atlántico Sur, e de Chile reverteu o decline da poboación. A lingua predominante (e oficial) é o inglés. De acordo cunha lei de 1983 aprobada polo Parlamento do Reino Unido, os malvineiros son considerados cidadáns británicos.

O arquipélago atópase no límite das zonas climáticas oceánica subantártica e de tundra e as dúas principais illas teñen cordilleiras que atinxen 700 metros de altura. Elas son o lar de grandes poboacións de aves, malia que moitas xa non se reproducen nas principais illas por mor da concorrencia con especies introducidas. As principais actividades económicas son a pesca, o turismo e a cría de ovellas, con énfase na exportación de la de alta calidade. A exploración de petróleo, licenciada polo Goberno das Illas Malvinas, permanece en controversia como resultado de disputas marítimas coa Arxentina.

  1. Definición de malvineiro, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "2021 Census Report" (XLSX). Policy and Economic Development Unit, Falkland Islands Government. 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in