Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Concello | Bueu | ||||
Capital | Bueu | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 80 (2010) (0,02 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.458 km² | ||||
Medición | 1,5 () × 6 () km | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego.[1][2] O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías e as Ons pechan a boca da ría de Pontevedra.[1] A illa de Ons é alongada e cun relevo pouco marcado. A súa pendente descende cara ao leste, cara ao interior da ría. A súa costa exterior é acentuada e ten múltiples furnas, escollos e paredes verticais no fondo mariño. A costa interior está resgardada e presenta praias e areeiros nos fondos. A illa de Onza é arredondada e cunha costa rochosa.
Namentres que as demais illas do parque natural deixaron de estar habitadas na década de 1970, a illa de Ons segue habitada. Acadou o seu máximo de ocupación na década dos 1960, no marco do plan de repoboación do Instituto Nacional de Colonización,[3][4] cando esta tiña núcleos os poboación do Caño, o Curro, o Canexol, Pereiró, Cucorno, Chan da Pólvora e o Centulo, e que acollían a case 500 persoas. En 2018 na illa de Ons residían 65 persoas e tivo unha taxa de ocupación turísticas relevante. A súa poboación reside en vivendas rurais na costa do leste. As leiras destas aldeas mostran aínda hórreos e pequenas colleitas.[1]
Os primeiros xacementos arqueolóxico das illas están no Chan de Pólvora e no Cano de Ons onde hai gravados rupestres que poderían datar do neolítico á idade de bronce.[5] Na illa de Ons atópanse dous castros, pouco estudados, que son o Castelo dos Mouros e Cova da Loba.[6][7] Na praia de Canexol hai restos dunha salgadura romana para peixe.[8] As illas mencíonaas por primeira en vez por escrito Afonso III en 899 cando as chama illas "Aones" e as doou ao poder compostelá. No medievo puido ter asaltos viquingos e ter un mosteiro. As illas puideron quedar despoboadas desde o final do medievo ata o século XVIII polos asaltos como o de navíos ingleses. No século XIX fortificouse a illa de Ons e repoboouse, acadando un máximo a mediados do século XX. Desde o final da segunda guerra mundial as illas pasaron a ser administradas polo estado e a despoboarse, ata ser declaradas como espazos con interese de protección.[6][7]
O litoral das Ons, que conta con múltiples espazos protexidos da marusía, e a riqueza de nutrientes das augas que afloran nas rías favorecen a presenta dun ecosistemas mariño cunha alta riqueza biolóxica. Na súa costa interior, máis resgardada, os areeiros son hábitats que acollen a especies de interese, como bivalvos. Na súa superficie destacan as barreiras dunares, como a praia e duna de Melide, os cantís e as matogueiras e queiroas.[2] Así é, que as Ons desde o 2001 están protexidas por diferentes lexislacións. Forman parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, están dentro do ZEC Complexo Ons – O Grove, constitúen o espazo de protección de aves ZEPA Illas de Ons e Onza, están dentro do OSPAR das Illas Atlánticas de Galicia e son un proxecto de protección de aves dentro do SEO/BirdLife.