Illote

Un Illote fronte ás costas de Tailandia.

Un illote[1] é unha pequena illa. A diferenza entre illa e illote é subxectiva. Adóitase chamar illote, por comparación, ás illas pequenas próximas a outras máis grandes, e tamén ás rochosas próximas á costa.

Outra forma de diferencialas e pola súa capacidade, segundo as súas dimensións, de manteren unha poboación estable. Isto non significa que tódalas illas deshabitadas sexan illotes, xa que a viabilidade dunha poboación depende tamén dos recursos naturais.

Ás veces, dado que non hai presenza humana estable, hai unha maior diversidade de flora e fauna.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para illote.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in