Ilves Naiset

Ilves Naiset
Fundación1971
Cidade Tampere,
Pirkanmaa
Finlandia Finlandia
EstadioTesoman jäähalli
(1 500 persoas)
LigaNaisten Liiga
Campionatos10
DirectorFinlandia Lasse Tuorila
Finlandia Jorma Viitanen
AdestradorFinlandia Marjo Voutilainen
Afiliado(s)Ilves Naiset Akatemia (Naisten Suomi-sarja)
CoresVerde, amarelo, negro e branco
                       
Na rede
https://www.ilvesnaiset.com/
Facebook: ilvesnaisetjaakiekko Twitter: ILVES_Naiset Instagram: ilvespelurinaiset Editar o valor en Wikidata
Seccións activas do
Ilves
Floorball Fútbol
(masculino)
Fútbol
(feminino)
Fútbol sala
(masculino)
Fútbol sala
(feminino)
Hóckey sobre xeo
(feminino)
Ringette Hóckey sobre xeo (masculino) Special hockey
Parahockey

O Ilves Naiset, ou simplemente Ilves, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, sendo un dos equipos fundadores da competición e o único que disputou todas as edicións da mesma.[1] Logo de ter empregado distintas pistas da cidade, na década de 1980 o equipo xogou na pista de xeo de Koulukatu, e dende 1989 xoga os seus partidos como local no Tesoman jäähalli, un pavillón con capacidade para 1 500 persoas.

Comezou as súas operacións contra o ano 1971 e inicialmente xogaba contra equipos masculinos de categoría júnior ata que en 1982 comezou a competir de xeito oficial na recentemente creada Naisten SM-sarja. Trátase do segundo equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a última metade da década de 1980 e os primeiros anos da década de 1990. O equipo gañou o seu primeiro campionato en 1985 e logo conquistou nove campionatos máis, se ben a última vez que gañou o campionato foi en 2010, e cun total de 28 medallas (10 de ouro, 12 de prata e 6 de bronce) é o equipo con máis metais da historia da competición.[2] En 2011 Ilves Naiset converteuse no único equipo feminino finlandés en alzar un título continental logo de conquistar a IIHF European Women's Champions Cup.

Ao longo da historia do equipo pasaron polas súas filas algunhas das xogadoras máis destacadas do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Sete antigas xogadoras do equipo ingresaron no Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo Finlandés, unha delas, Anne Haanpää, pola súa traxectoria na arbitraxe. O Ilves retirou os números 10, 15 e 16 en honor a Anne Haanpää, Johanna Koivula, e Marianne Ihalainen respectivamente. Ademais, tres mulleres do equipo foron homenaxeadas no chamado "Ilves Hockey Legends", no que están incluídas algunhas das personalidades máis destacadas do equipos de hóckey sobre xeo do Ilves, tanto en categoría feminina como na masculina.

  1. "Jääkiekon Naisten Liiga 40 vuotta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de febreiro de 2023. 
  2. "Eniten mitaleita Naisten Liigassa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 23 de abril de 2023. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in