Imina

Estrutura xeral dunha imina.

Unha imina é un grupo funcional ou composto químico que contén un dobre enlace carbononitróxeno, no que o nitróxeno está á súa vez unido ou ben a un átomo de hidróxeno (H) ou a un grupo orgánico. Cando dito nitróxeno non está unido a un H o composto denomínase base de Schiff.[1] O carbono ten ademais outros dous enlaces simples.[2][3][4] As iminas son moi comúns na natureza. A vitamina B6 promove a desaminación dos aminoácidos por medio da formación de iminas, por exemplo.

  1. IUPAC Goldbook base de Schiff
  2. IUPAC Goldbook Imina
  3. March Jerry; (1985). Advanced Organic Chemistry reactions, mechanisms and structure (3rd ed.). New York: John Wiley & Sons, inc. ISBN 0-471-85472-7
  4. Fletcher, Dermer, Fox, Nomenclature of Organic Compounds (1974) doi:10.1021/ba-1974-0126.ch023 [1]

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in