गुप्त (sa) गुप्त राजवंश (hi) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Pataliputra (en) | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | Lingua sánscrita | |||
Relixión | Hinduísmo e budismo | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | Império Mahamegavana (pt) , Imperio Cuxano, Kanva dynasty (en) , Bharshiva dynasty (en) e Western Satraps (en) | |||
Creación | 320 | |||
Disolución | 550 (Gregoriano) | |||
Sucedido por | Gurjara-Pratihara (en) , Império Pala (pt) , Rashtrakuta dynasty (en) , Império Heftalita (pt) e Empire of Harsha (en) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
O Imperio Gupta foi un imperio que existiu desde principios do século IV da nosa era ata principios do século VI da nosa era. No seu apoxeo, entre os anos 319 e o 467 d.C. aproximadamente, abarcou gran parte do subcontinente indio.[1] Este período foi considerado como a Idade de Ouro da India por algúns historiadores,[2] aínda que esta caracterización foi discutida por outros historiadores.[n. 1][n. 2][5][6] A dinastía gobernante do imperio foi fundada por Gupta, e os gobernantes máis notables da dinastía foron Chandragupta I, Samudragupta, Chandragupta II e Skandagupta. O poeta sánscrito do século V da nosa era Kalidasa atribúe aos Gupta a conquista duns vinte e un reinos, tanto dentro como fóra da India, incluídos os reinos dos parasikas, dos hunas, dos kambojas, e as tribos situadas nos vales occidental e oriental do río Amu Daria, os kinnaras, os kiratas, e outros.[7][8][9]
Os puntos álxidos deste período son os grandes desenvolvementos culturais que tiveron lugar principalmente durante os reinados de Samudragupta, Chandragupta II e Kumaragupta I. Moitas epopeas e fontes literarias hindús, como Mahabharata e Rāmāyaṇa, foron exaltadas durante este período.[10] O período Gupta produciu eruditos como Kalidasa,[11] Âryabhata, Varahamihira e Vatsyayana, que fixeron grandes avances en moitos campos académicos.[12][11][13][11][14] A ciencia e a administración política alcanzaron novas cotas durante a era Gupta.[11] O período, ás veces descrito como Pax Gupta', deu lugar a logros en arquitectura, escultura e pintura que "estableceron estándares de forma e gusto [que] determinaron todo o curso posterior da arte, non só na India senón moito máis alá das súas fronteiras".[15] Os fortes lazos comerciais tamén converteron á rexión nun importante centro cultural e establecérona como unha base que influiría nos reinos e rexións próximos da India e o Sueste asiático.[16][Verificar credibilidade] Tamén se cre que os Puranas, que eran poemas anteriores e que versaban sobre diversos temas, plasmáronse en textos escritos nesta época.[15][17] Os gobernantes seguían o hinduísmo e os brahmanes floreceron no imperio Gupta, pero os Gupta tamén toleraban a persoas doutras relixións.[18]
O imperio desapareceu debido a unha serie de factores como a perda substancial de territorio e da autoridade imperial causada polos seus antigos feudatarios, así como a invasión desde Asia Central dos pobos Huna (Kidarites e Hunos Alchon).[19][20] Despois do colapso do Imperio Gupta no século VI, a India volveu a estar dividida en numerosos reinos rexionais.
A gran era de todo o que se considera clásico na literatura, a arte e a ciencia indios estaba a despuntar. Foi este crescendo de creatividade e erudición, tanto como ... os logros políticos dos Gupta, o que faría a súa época tan dourada....
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/>
correspondente