Indiana Pacers | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Central |
Fundación | 1967 (na NBA desde 1976) |
Cores | Amarelo, azul |
G League | Fort Wayne Mad Ants |
Retirados | 5 (30, 31, 34, 35, 529) |
Localización | |
Cidade | Indianapolis, Indiana |
Pavillón | Bankers Life Fieldhouse |
Capacidade | 18.165 espectadores |
Inauguración | 6 de novembro de 1999 |
Persoal | |
Propietario(s) | Herb Simon |
Presidente | Larry Bird |
Director | Kevin Pritchard |
Adestrador | Rick Carlisle |
Títulos | |
Campión | ABA: 3 (1970, 1972, 1973) NBA: 0 |
Conferencia | ABA: 5 (1969, 1970, 1972, 1973, 1975) NBA: 1 (2000) |
División | ABA: 3 (1969, 1970, 1971) NBA: 6 (1995, 1999, 2000, 2004, 2013, 2014) |
pacers.com |
Os Indiana Pacers son un equipo de baloncesto profesional con base en Indianapolis, Indiana. Son membros da División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Xogan os seus partidos coma locais no Bankers Life Fieldhouse.
Os Indiana Pacers comezaron a xogar en 1967 coma membros da American Basketball Association (ABA), onde gañaron tres campionatos. En 1976, os Pacers pasaron da ABA á NBA cando o equipo e a organización comezaron a virse abaixo. Os Pacers veron de novo o éxito coa adquisición de Reggie Miller. Tras a aparición nas Finais da NBA do ano 2000, os Pacers non tiveron moito máis éxito nos playoffs.