Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
England (en-gb) | |||||
Himno | God Save the King (1745) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Rosa de Tudor (pt) | ||||
Alcume | Blighty | ||||
Epónimo | Anglos e terra | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Capital | Londres | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 53.012.456 (2011) (406,92 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 23.044.097 (2011) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 130.278 km² | ||||
Punto máis alto | Scafell Pike (pt) (978 m) | ||||
Punto máis baixo | The Fens (en) (−4 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | Xurxo de Capadocia | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria monarquía constitucional | ||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
• Primeiro ministro | Keir Starmer (2024–) | ||||
Moeda | libra esterlina | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +44 | ||||
ISO 3166-2 | GB-ENG | ||||
Sitio web | visitengland.com | ||||
Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co océano Atlántico, Gales e o mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido.
Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.
Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.
O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente até o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.