Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2024.) |
Os instrumentos de corda ou cordófonos son instrumentos musicais que producen sons por medio das vibracións dunha ou máis cordas que están tensas entre dous puntos do instrumento; sons que son transmitidos a unha caixa de resonancia cando as cordas son beliscadas ou fricionadas.
Na clasificación Hornbostel-Sachs, bastante utilizada actualmente, estes instrumentos representan a clase dos cordofonos identificada polos códigos iniciados polo número 3.