Intelixencia

A intelixencia é a capacidade mental para razoar, planear, resolver problemas, pensar en abstracto, aprender, comprender ideas e a linguaxe. A intelixencia pódese medir por medio de tests de intelixencia que asumen moitas formas, mais todos miden a mesma intelixencia. O factor xenérico medido por cada test de intelixencia é coñecido como g (ver a Teoría g).

Nas propostas dalgúns investigadores, a intelixencia non é unha cantidade única senón que consiste nun conxunto de capacidades relativamente independentes. O psicólogo Howard Gardner desenvolveu a Teoría das múltiplas intelixencias dividindo a intelixencia en sete compoñentes diferentes: lóxico-matemática, lingüística, espacial, musical, cinemática, intra-persoal e inter-persoal. Daniel Goleman e outros investigadores desenvolveran o concepto de Intelixencia emocional e afirman que esta intelixencia é polo menos tan importante como a perspectiva máis tradicional de intelixencia. Os propoñentes das teorías de múltiplas intelixencias que a Teoría g é no máximo unha medida de capacidades académicas. Os outros tipos de intelixencia poden ser tan importantes como a g fora do ambiente de escola.

Ás veces defínese a intelixencia como a capacidade de se adaptar a situacións novas por contraposición ás condutas innatas que son ríxidas, tradicionalmente presentábase como unha capacidade específica humana que nos diferenciaba dos animais, pero aínda que os humanos teñen un grao superior ós animais non é un trazo específico noso. As especies que poden realizar condutas máis flexibles son máis intelixentes, pero tamén precisan un período de aprendizaxe maior, por iso os seus membros teñen unha infancia máis longa, é o ser humano ten a infancia máis longa, o que permite que maduren as estruturas intelectuais que posibilitan as condutas intelixentes.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in