Intelixencia artificial

TOPIO, un robot humanoide, xogando ó tenis de mesa en Toquio no International Robot Exhibition (IREX) 2009.

Defínese a intelixencia artificial (IA) como aquela intelixencia exhibida por artefactos creados por humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos computadores. O nome tamén se usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales sistemas.

Debido á multiplicidade de pais que tivo a intelixencia artificial, non hai un consenso para definir ese concepto, mais podemos dicir que a intelixencia artificial encárgase de modelar a intelixencia humana en sistemas computacionais.

Pode dicirse que a intelixencia artificial é unha das áreas máis fascinantes e con máis retos das ciencias da computación, na súa área de ciencias cognoscitivas. Naceu como mero estudo filosófico e razonístico da intelixencia humana, mesturada coa inquietude do home por imitar a natureza circundante (como voar e nadar), ata inclusive querer imitarse a si mesmo. En resumo, a intelixencia artificial procura imitar a intelixencia humana. Obviamente non o logrou aínda, ao menos non completamente.

Existen cinco puntos de vista principais sobre estes sistemas:

  • Os que pensan como humanos.
  • Os que actúan como humanos.
  • Os que pensan racionalmente.
  • Os que actúan racionalmente.
  • Os que senten como humanos.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy