Interpol | |
---|---|
Tipo | organización intergobernamental, força de segurança, organización internacional, Telegraphic address e missing persons organization |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 7 de setembro de 1923 |
Presidente/a | Ahmed Naser Al-Raisi (pt) (2021-) |
Secretario/a | Jürgen Stock |
Nº de membros | 196 |
Nº de empregados | 756 (2013) |
Orzamento | 113000000 dólar estadounidenses |
Sede | Lión |
País | Francia |
Na rede | |
https://interpol.int | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Organización Internacional de Policía Criminal, mundialmente coñecida pola súa sigla Interpol (en inglés: International criminal Police Organization), é unha Organización Internacional que axuda na cooperación de policías de distintos países. Foi creada en Viena, en Austria, o ano de 1923, polo xefe da policía vienense Johannes Schober, coa designación de Comisión Internacional de Policía Criminal.
Entre 1938 e 1945 despois da anexión de Austria polo Terceiro Reich, a organización foi comandada por catro diferentes oficiais nazis da SS: Otto Steinhäusl, Reinhard Heydrich, Arthur Nebe e Ernst Kaltenbrunner[1], todos mortos durante a segunda guerra mundial ou executados como criminais de guerra ao fin do conflito.
Ten a súa sede en Lión (Francia),[1] adoptando o nome actual en 1956 e ten a participación de 188 países membros.
A sigla Interpol foi por primeira vez utilizada en 1946. A Interpol non se implica na investigación de delitos que non impliquen varios países membros ou crimes políticos, relixiosos e étnicos. Trátase dunha central de información para que as policías de todo o mundo poidan traballar integradas no combate ao crime internacional, o tráfico de drogas e os contrabandos.
Dende o 21 de novembro de 2018, o seu presidente é Kim Jong Yang, orixinario de Corea do Sur.[2]
Un exemplo da participación da Interpol nun caso é a desaparición de Madeleine McCann, unha rapaza inglesa que desapareceu nun cuarto de hotel nunha cidade portuguesa próxima á fronteira coa España. En setembro de 2011 a Interpol publicou mandado de prisión contra o entón Xefe de Estado de Libia, Muammar al-Gaddafi, durante as protestas en contra do Goberno.[3]