O iraca, ás veces tamén escrito iraka,[1][2] era o gobernante e alto sacerdote de Sugamuxi no seo da confederación muisca que habitaba no Altiplano Cundiboyacense; as terras altas centrais nos Andes de Colombia. Iraca tamén pode facer referencia ó val de Iraka no que gobernaba.[1][2][3]