Isaac Newton

Infotaula de personaSir Editar o valor em Wikidata
Isaac Newton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1642 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Woolsthorpe Manor (Reino de Inglaterra) Editar o valor em Wikidata
Morte20 de marzo de 1727 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Kensington (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
12º Presidente da Royal Society
1703 – 1727
← John Somers (pt) TraducirHans Sloane →
Member of the 1701-02 Parliament (en) Traducir
decembro de 1701 – 1702
Circunscrición electoral: Cambridge University (en) Traducir
Master of the Mint (en) Traducir
xaneiro de 1700 – 31 de marzo de 1727
Warden of the Mint (en) Traducir
1696 – xaneiro de 1700
Member of the 1689-90 Parliament (en) Traducir
1689 – 1690
Circunscrición electoral: Cambridge University (en) Traducir
Professor lucasiano (pt) Traducir
1669 – 1702 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaInglaterra Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Inglaterra
Reino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo inglés Editar o valor em Wikidata
RelixiónAntitrinitarismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College - mestría en artes (1667–1668)
Trinity College - grao en Artes (1661–1665)
The King's School (pt) Traducir (1655–1659)
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Director de tesesen valor Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, mecánica, matemáticas, astronomía, ciencias naturais, mecánica celeste, gravidade, óptica, análise matemática e cantidade de movemento Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Cambridge
Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , filósofo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Whig (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enCantidade de movemento, mecánica celeste, óptica e gravidade Editar o valor em Wikidata
ProfesoresIsaac Barrow e Benjamin Pulleyn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosRoger Cotes (pt) Traducir, John Flamsteed (pt) Traducir e William Whiston (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisIsaac Newton Sr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Hannah Ayscough (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesCatherine Barton (pt) Traducir (sobriña) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1041810 iTunes: 459693255 WikiTree: Newton-17 Find a Grave: 21644 Editar o valor em Wikidata

Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 25 de decembro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano[a]) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático, astrónomo, alquimista, teólogo e autor inglés (descrito na súa época como un "filósofo natural") amplamente recoñecido como un dos os máis grandes matemáticos e físicos de todos os tempos e entre os científicos máis influentes. Foi unha figura clave na revolución filosófica coñecida como Ilustración. O seu libro Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos da filosofía natural),[2] publicado por primeira vez en 1687, estableceu a mecánica clásica. Newton tamén fixo contribucións fundamentais á óptica, e comparte crédito co matemático alemán Gottfried Wilhelm Leibniz por desenvolver o cálculo infinitesimal.

Nos Principia, Newton formulou as leis do movemento e da gravitación universal que formaron o punto de vista científico dominante ata que foi substituída pola teoría da relatividade. Newton utilizou a súa descrición matemática da gravidade para derivar as leis de Kepler do movemento planetario, dar conta das mareas, as traxectorias dos cometas, a precesión dos equinoccios e outros fenómenos, erradicando a dúbida sobre a heliocentricidade do Sistema Solar. Demostrou que o movemento dos obxectos na Terra e os corpos celestes poderían ser explicados polos mesmos principios. A inferencia de Newton de que a Terra é un esferoide oblato foi confirmada máis tarde polas medicións xeodésicas de Maupertuis, La Condamine e outros, convencendo á maioría dos científicos europeos da superioridade da mecánica newtoniana sobre os sistemas anteriores.

Newton construíu o primeiro telescopio reflector práctico e desenvolveu unha sofisticada teoría da cor baseada na observación de que un prisma separa a luz branca nas cores do espectro visible. Os seus traballos sobre a luz foron recollidos no seu influente libro Opticks, publicado en 1704. Tamén formulou unha lei empírica de arrefriado, realizou o primeiro cálculo teórico da velocidade do son e introduciu a noción de fluído newtoniano. Ademais dos seus traballos sobre o cálculo, como matemático Newton contribuíu ao estudo das series de potencias, xeneralizou o teorema do binomio a expoñentes non enteiros, desenvolveu un método para aproximar as raíces dunha función, e clasificou a maioría das curvas cúbicas planas.

Newton foi membro do Trinity College e o segundo profesor lucasiano de matemáticas da Universidade de Cambridge. Era un cristián devoto pero pouco ortodoxo que rexeitaba en privado a doutrina da Trindade. Negouse a recibir as ordes sacras na Igrexa de Inglaterra a diferenza da maioría dos membros da facultade de Cambridge da época. Máis aló do seu traballo nas ciencias matemáticas, Newton dedicou gran parte do seu tempo ao estudo da alquimia e da cronoloxía bíblica, pero a maior parte do seu traballo nesas áreas permaneceu inédito ata moito despois da súa morte. Vinculado política e persoalmente aos partido Whig, Newton exerceu dous breves mandatos como Membro do Parlamento pola Universidade de Cambridge, en 1689-1690 e 1701-1702. En 1705 foi nomeado cabaleiro pola raíña Ana de Gran Bretaña e pasou as tres últimas décadas da súa vida en Londres, onde foi mestre da Casa da Moeda (1696-1699) e director da Casa da Moeda (1699-1727), así como presidente da Royal Society (1703-1727).

  1. Thony, Christie (2015). "Calendrical confusion or just when did Newton die?". The Renaissance Mathematicus. Consultado o 16 de xullo do 2022. 
  2. G. E. Smith, "Newton's Philosophiae Naturalis Principia Mathematica", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Winter 2008 Edition), E. N. Zalta (ed.).


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy