Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Huelva | ||||
Capital | Isla Cristina | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.603 (2023) (432,06 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 50 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 3 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1755 (Xuliano) | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Maria Luisa Faneca Lopez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21410, 21420, 21430 e 21449 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 21042 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | islacristina.org | ||||
Isla Cristina é un municipio español situado na costa occidental da provincia de Huelva, Andalucía, a uns 7 km da fronteira portuguesa e encadrado na comarca da Costa Occidental. No ano 2009 contaba cunha poboación de 21.324 habitantes.[1] A superficie do municipio é duns 49,36 km².
As súas orixes remóntanse á fundación dunha colonia pesqueira por cataláns e valencianos tras o terremoto de Lisboa de 1755, que creceu ata obter o seu propio concello en 1833 e absorber despois ao antigo municipio de La Redondela en 1887.[2]
A actividade principal é a pesca, favorecida polo seu importante porto. A súa lonxa é a primeira por poxas de peixe fresco de Andalucía e a segunda por tonelaxe, só superada por Cádiz.[3] A actividade turística tamén ten unha presenza remarcable.
No termo municipal atópanse as Marismas de Isla Cristina, protexidas mediante a forma de Paraxe Natural, e tamén varias zonas de piñeiro e matogueira do cinto dunar costeiro pertencentes e xestionados por ICONA-INIA. Debido á súa orientación leste-oeste, as postas de sol que acaban entre o mar e a terra serviron de inspiración a varios poetas, chegando a crear a ruta das postas de sol, con citas soadas de afamados poetas como Rafael Alberti, Gerardo Diego, Juan Ramón Jiménez ou Luis Cernuda.[4]