Isomaltosa

Isomaltosa
Identificadores
Número CAS 499-40-1
PubChem 439193
ChemSpider 388333
MeSH Isomaltose
ChEBI CHEBI:113902
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C12H22O11
Masa molar 342,30 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Estrutura química da isomaltosa.

A isomaltosa é un disacárido formado por dúas unidades de glicosa unidas por enlace O-glicosídico alfa(1, 6) [1]. É similar á maltosa, pero esta ten enlaces alfa(1, 4), e á celobiosa, a cal ten enlaces beta(1, 4).

A isomaltosa está naturalmente presente na cervexa, urina, sangue, fígado, mel de abella (en certos meles como o mel de tileiro chega a haber dun 1,2 ao 1,6% [2]) e outras substancias. Pode obterse da hidrólise do amidón ou do glicóxeno. É un produto da caramelización da glicosa.[3]

A isomaltosa é un sólido branco con aspecto de azucre de cana. É soluble en auga e redutora e moi pouco higroscópica [1]. A isomaltosa non fermenta e non produce carie.

  1. 1,0 1,1 Peter M. Collins (2005). CRC Press, ed. Dictionary of carbohydrates (en inglés). p. 556. ISBN 0849338298. 
  2. P SCHWEITZER (2004). Abeille de France - numéro 909, ed. "Miels de tilleul hors normes ?". www.beekeeping.com. adf-909. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2011. 
  3. Journal of Food Science, July 1966.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in