Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Jaime Víctor Alguersuari Escudero 23 de marzo de 1990 (34 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||
Educación | Old Buckenham Hall School (en) | ||||||||||||||||
Altura | 1,8 m | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, disc-jóckey, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Período de actividade | 2005 - | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo Fórmula 1 | ||||||||||||||||
Número deportivo | 19 | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2005 | Q27497339 –Intercontinental A Júnior (pt) (1º) | ||||||||||||||||
2004 | Q27497339 –Junior (1º) | ||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Pai | Jaime Alguersuari Tortajada | ||||||||||||||||
Parentes | José María Alguersuari, tío paterno Francesc Alguersuari Duran, avó paterno | ||||||||||||||||
Jaime Víctor Alguersuari Escudero,[1] tamén coñecido como Jaume Alguersuari, nado o 23 de marzo de 1990 en Barcelona,[2][3] é un expiloto de carreiras de orixe catalá. Foi piloto oficial da Scuderia Toro Rosso de Fórmula 1 entre 2009 e 2011,[4] e foi o campión da Fórmula 3 británica en 2008.[5][6] É fillo de Jaime Alguersuari, un ex motociclista e piloto de carreiras.
Foi o piloto máis novo en competir na F1, superando a Mike Thackwell. Alguersuari debutou o 26 de xullo de 2009 en Hungría, con tan só 19 anos e 125 días[7] e no proceso, converteuse no primeiro piloto en nacer na década de 1990 en competir na Fórmula Un.[8] Esta marca foi rota por Max Verstappen en 2015 que competiu con tan só 17 anos de idade. Logo de perder a súa unidade co equipo Toro Rosso a finais de 2011,[9] Alguersuari uniuse á emisora de radio británica BBC Radio 5 Live para ser o seu experto para a tempada 2012, xunto co comentarista principal James Allen.[10] Á idade de 25 anos, Alguersuari retirouse oficialmente dos deportes de motor para concentrarse na súa carreira como DJ.[11]