Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1728 Marton (Reino de Gran Bretaña) |
Morte | 14 de febreiro de 1779 (50 anos) Kealakekua Bay (Ancient Hawaii) |
Causa da morte | homicidio, ferida de arma branca |
Actividade | |
Campo de traballo | Exploración e Cartografía |
Ocupación | explorador, navegante, oficial da armada, cartógrafo, botánico |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Navy |
Rango militar | captain (en) |
Participou en | |
12 de xullo de 1776 | third voyage of James Cook (en) |
1772 | Segunda viagem de James Cook (pt) |
1768 | Primeira viagem de James Cook (pt) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Cook |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Cook (1762–) |
Fillos | James, Nathaniel, Elizabeth, Joseph, George e Hugh |
Nai | Grace Pace |
Cronoloxía | |
14 de febreiro de 1779 | death of James Cook (en) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кук Джеймс) Dictionary of National Biography Q27058682 , (p.5-43) |
James Cook, nado o 27 de outubro de 1728 en Middlesbrough (Inglaterra) e finado o 14 de febreiro de 1779 en Hawai, foi un explorador, navegante e cartógrafo británico. Cook fixo mapas detallados das costas de Terra Nova antes de facer tres viaxes ao océano Pacífico, nos que logrou explorar as principais illas desta rexión. Entre outros, foi o primeiro europeo en explorar a costa oriental de Australia e as illas Hawai e fixo a primeira circunnavegación de Nova Zelandia.[1][2]
James Cook entrou na mariña mercante británica cando era adolescente e en 1755 alistouse na Royal Navy (Armada Real británica) onde alcanzaria o rango de capitán.[3] Participou na guerra dos Sete Anos, e posteriormente estudou e mapeou gran parte da entrada do río San Lourenzo durante o asedio do Quebec. Isto permitiu que o xeneral Wolfe puidese executar con éxito o seu ataque ás Chairas de Abraham, este feito fixo prestar a atención do Almirantado Británico e a Real Sociedade cara a Cook. Este feito produciuse nun momento crucial, tanto na súa carreira persoal como na dirección da exploración británica de ultramar. Deste xeito, en 1766 partiu como comandante do HMB Endeavour para o primeiro dos seus tres viaxes polo océano Pacífico.
Cook cartografou moitas áreas e rexistrou varias illas e zonas costeiras nos mapas europeos por primeira vez. Os seus resultados poden ser asignados a unha combinación de navegación, superior levantamento cartográfico e competencias, o valor en explorar lugares perigosos para confirmar os feitos (por exemplo, a inmersión no Círculo polar antártico repetidamente e explorar arredor da Gran Barreira de Coral), unha capacidade de dirixir os homes en condicións adversas, e ousadía, tanto en relación á medida da súa explotación e a súa vontade de superar as instrucións dadas a el polo Almirantado.[3]
Un feito de suma importancia na primeira viaxe foi que ningún home da súa tripulación morreu de escorbuto, afección que había decimado moitas expedicións marítimas anteriores. Isto debeuse a unha especial preocupación de Cook para mellorar as condicións de hixiene e a dieta dos seus subordinados durante a viaxe, no que incluíu os cítricos como preventivos da enfermidade, segundo un descubrimento do médico inglés James Lind.[4]
En 1779, durante a terceira viaxe exploratoria de Cook polo Pacífico, agraváronse as tensións entre os seus homes e os nativos de Hawai, e un intento de secuestro do xefe Kalaniʻōpuʻu desembocou na morte de Cook. Existe controversia sobre o papel de Cook como propiciador do colonialismo británico e a violencia asociada a algúns dos seus contactos cos pobos indíxenas. Deixou un legado de coñecementos científicos e xeográficos que influíu nos seus sucesores ata ben entrado o século XX, e dedicáronselle numerosos monumentos en todo o mundo. Así mesmo abriu o camiño das exploracións científicas e antropolóxicas, e das grandes viaxes de navegación.
Artigo sobre "James Cook" na Encyclopædia Britannica (1911)
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome collingridge