JavaScript

JavaScript
ParadigmaBaseado en prototipos, Programación orientada a obxectos
Data4 de decembro de 1995
DeseñadorBrendan Eich
DesenvolvedorNetscape Communications, Mozilla Foundation
Última versión1.8.5[1]
Tipo de datoDébil, dinámico
Postas en funcionamentoKJS, Rhino, SpiderMonkey, V8, Carakan, Chakra
DialectosJavaScript estándar e JScript (Javascript para IE)
Influído porJava
InfluíuActionScript, AtScript, CoffeeScript, Dart, JScript .NET, Objective-J, QML, TypeScript, LiveScript

JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizada principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e a linguaxe C.

Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente[2], xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.[3]

Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dun desenvolvemento do DOM. O seu uso máis estendido atópase en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor. JavaScript execútase no axente de usuario ao mesmo tempo que as sentenzas van descargándose xunto co código HTML.

  1. Developer.mozilla.org, ed. (18 de novembro de 2012). "New in JavaScript 1.8.5 | Mozilla Developer Network" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 26 de maio de 2013. 
  2. "ECMAScript Language Specification" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2015. Consultado o 17 de marzo de 2015. 
  3. The Little JavaScripter (en inglés)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy