Johannes Kepler

Infotaula de personaJohannes Kepler

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1571 Editar o valor em Wikidata
Weil der Stadt (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1630 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Ratisbona (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaRatisbona Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSacro Imperio Romano Xermánico
Ducado de Württemberg Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga
Evangelical Seminaries of Maulbronn and Blaubeuren (en) Traducir
Tübinger Stift (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseMichael Maestlin (pt) Traducir e Tycho Brahe Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoÓptica, astronomía, matemáticas e mecánica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Ulm (1626–)
Linz (1611–1626)
Praga (1600–1612)
Graz (1594–1600) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnaturalista , teórico da música , cosmólogo , filósofo , escritor , mestre , físico , astrónomo , astrólogo , musicólogo , protestant theologian (en) Traducir , matemático , inventor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLinz, land surveyor (en) Traducir, matemático (1612–1627)
Rodolfo II, matemático
Universidade de Graz Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosPeter Crüger (pt) Traducir, Ambrosius Rhode (pt) Traducir e Johann Odontius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorAlbrecht von Wallenstein (1628–)
Rodolfo II (1602–1612) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSusanne Reuttinger (1613–1630), morte do cónxuxe
Barbara Müller (1597–1611), morte do cónxuxe
PaisHeinrich Kepler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Katharina Kepler (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMargarethe Maickler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX871886 Bitraga: 4591 WikiTree: Kepler-71 Find a Grave: 8396584 Editar o valor em Wikidata

Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura clave na revolución científica do século XVII, coñecido sobre todo polas súas leis do movemento planetario, e os seus libros Astronomia nova, Harmonice Mundi e Epitome Astronomiae Copernicanae, influíndo entre outros en Isaac Newton, proporcionandolle unha das bases para a súa teoría da gravitación universal.[1] A variedade e repercusión dos seus traballos converteron a Kepler nun dos fundadores e pais da astronomía moderna, do método científico e das ciencias naturais.[2][3]

Kepler foi profesor de matemáticas nun seminario de Graz, onde se converteu en socio do príncipe Hans Ulrich von Eggenberg. Máis tarde converteuse en axudante do astrónomo Tycho Brahe en Praga, e finalmente en matemático imperial do emperador Rodolfo II e os seus dous sucesores Matthias e Fernando II. Tamén ensinou matemáticas en Linz, e foi conselleiro do xeneral Wallenstein. Ademais, fixo un traballo fundamental no campo da óptica, sendo nomeado o pai da óptica moderna,[4] en particular pola súa Astronomia Pars Optica. Tamén inventou unha versión mellorada do telescopio refractor, o telescopio kepleriano, que se converteu na base do telescopio refractor moderno,[5] á vez que melloraba o deseño do telescopio de Galileo Galilei,[6] que mencionou os descubrimentos de Kepler na súa obra.

Kepler viviu nunha época na que non existía unha distinción clara entre astronomía e astroloxía, pero si unha forte división entre a astronomía (unha rama das matemáticas dentro das artes liberais) e a física (unha rama da filosofía natural). Kepler tamén incorporou argumentos e razoamentos relixiosos á súa obra, motivado pola convicción relixiosa e a crenza de que Deus creara o mundo segundo un plan intelixible e accesible a través da luz natural da razón.[7] Kepler describiu a súa nova astronomía como "física celeste",[8] como "unha excursión á Metafísica de Aristóteles",[9] e como "suplemento á obra de Aristóteles Sobre o ceo",[10] transformou a antiga tradición da cosmoloxía física tratando a astronomía como parte dunha física matemática universal.[11]

Kepler foi chamado o "pai da ciencia ficción" pola súa novela Somnium.[12][13]

  1. Voelkel, James R. (2001). "Commentary on Ernan McMullin, "The Impact of Newton's Principia on the Philosophy of Science"". Philosophy of Science 68 (3). pp. 319–326. ISSN 0031-8248. JSTOR 3080920. doi:10.1086/392885. 
  2. https://www.dpma.de/english/our_office/publications/milestones/greatinventors/johanneskepler/index.html
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2023. 
  4. https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S0960077922008748
  5. https://www.britannica.com/science/Keplerian-telescope
  6. Tunnacliffe, AH; Hirst JG (1996). Optics. Kent, England. pp. 233–7. ISBN 978-0-900099-15-1. 
  7. Barker and Goldstein. "Theological Foundations of Kepler's Astronomy", pp. 112–113.
  8. Kepler. New Astronomy, title page, tr. Donohue, pp. 26–27
  9. Kepler. New Astronomy, p. 48
  10. Epitome of Copernican Astronomy in Great Books of the Western World, Vol 15, p. 845
  11. Stephenson. Kepler's Physical Astronomy, pp. 1–2; Dear, Revolutionizing the Sciences, pp. 74– 78
  12. "Kepler, the Father of Science Fiction". bbvaopenmind.com. 2015-11-16. 
  13. Popova, Maria (27 de decembro de 2019). "How Kepler Invented Science Fiction and Defended His Mother in a Witchcraft Trial While Revolutionizing Our Understanding of the Universe". themarginalian.org. Consultado o 20 de setembro do 2023. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy