Johnny Depp (2020) |
|
Nacemento | (en) John Christopher Depp II 9 de xuño de 1963 (61 anos) Owensboro, Estados Unidos de América |
---|
Residencia | Os Ánxeles |
---|
Educación | Miramar High School (en) Bournville School (en) |
---|
Altura | 178 cm |
---|
Lateralidade | destro |
---|
Cor dos ollos | Abelanado |
---|
Cor do pelo | Cabelo castaño |
---|
|
Campo de traballo | Actuación, música rock e Produción de cinema |
---|
Ocupación | director de cinema, actor de dobraxe, propietario de club nocturno, guitarrista, actor, actor de cinema, guionista, actor de televisión, produtor de cinema, músico |
---|
Período de actividade | 1984 - |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Música rock, filme de fantasía, cinema de aventuras e Comedia romántica |
---|
Instrumento | Guitarró (en) e guitarra |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Amber Heard (2015–2017), divorcio Lori Allison (1983–1985), divorcio |
---|
Parella | Polina Glen (2017–2019) Vanessa Paradis (1998–2012) Kate Moss (1994–1998) Tally Chanel (1990–1990) Jennifer Grey (1989–1989) Winona Ryder (1989–1993) Sherilyn Fenn (1985–1988) |
---|
Fillos | Lily-Rose Depp () Vanessa Paradis Jack Depp () Vanessa Paradis |
---|
Pais | John Christopher Depp e Betty Sue Wells |
---|
Irmáns | Christi Dembrowski |
---|
|
|
11 de abril de 2022-1 de xuño de 2022 | Depp v. Heard (en)
|
|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Lentapedia |
---|
|
John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor.
Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente. Insatisfeito con esa condición, Depp empezou no cine para obter papeis que supuxeran un desafío maior. Interpretou o papel protagonista na aclamada Edward Scissorhands (1990) e posteriormente obtivo un grande éxito en filmes coma Sleepy Hollow (1999), Charlie e a fábrica de chocolate (2005), Alice in Wonderland (2010), Rango (2011) e a serie de Pirates of the Caribbean. Colaborou co director, e amigo seu, Tim Burton en oito filmes; sendo o último Sombras tenebrosas (2012).
Depp gañou o recoñecemento polas súas actuacións interpretando a Ed Wood en Ed Wood, Joseph D. Pistone en Donnie Brasco, Hunter S. Thompson en Fear and Loathing in Las Vegas, George Jung en Blow, Jack Sparrow na saga Pirates of the Caribbean, e ó ladrón de bancos John Dillinger en Public Enemies. Os filmes protagonizados por Depp tiveron no seu conxunto unha recadación de máis de $3,1 billóns nos Estados Unidos e $7,6 billóns arredor do mundo.[1] O seu maior éxito comercial foron os filmes da serie Pirates of the Caribbean que recadaron 3.727 millóns de dólares, Alice in Wonderland que acadou 1.024 millóns, Charlie and the Chocolate Factory con 474 millóns e The Tourist con 278 millóns.[2][3][4]
- ↑ "Johnny Depp — Box Office Data Movie Star". The-numbers.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xuño de 2011.
- ↑ "Alice in Wonderland". Box Office Mojo. Consultado o 21 de agosto de 2013.
- ↑ "Charlie and the Chocolate Factory". Box Office Mojo. Consultado o 21 de agosto de 2013.
- ↑ "The Tourist". Box Office Mojo. Consultado o 21 de agosto de 2013.