Nome completo | Jordan Grand Prix |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Silverstone, Northamptonshire, Reino Unido |
Tempadas en activo | 15 1991-2005 |
Número de pilotos | Rubens Barrichello Eddie Irvine Damon Hill Nick Heidfeld Heinz-Harald Frentzen Michael Schumacher Jean Alesi Ralf Schumacher Jarno Trulli Andrea de Cesaris Giancarlo Fisichella |
Debut | Gran Premio dos Estados Unidos de 1991 |
Carreiras | 250 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 4 |
Pole positions | 2 |
Voltas Rápidas | 2 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio da China de 2005 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Jordan Grand Prix foi unha escudaría irlandesa que competiu na F1 desde o ano 1991 ao 2005.[1] O equipo leva o nome do empresario e fundador o irlandés Eddie Jordan. Jordan e o seu equipo eran ben coñecidos por unha actitude de "rock and roll", que engadiu cor e carácter á Fórmula Un na década de 1990. Disputou 250 GP nos que conseguiu 4 vitorias pero ningún título de construtores ou de pilotos. A principios de 2005, o equipo foi vendido ao Grupo Midland, que competiu durante esa tempada como 'Jordan', antes de cambiar o nome do equipo a MF1 Racing para a tempada 2006, antes de ser vendidos posteriormente en 2006 ao fabricante holandés Spyker para converterse en Spyker F1 para 2007, e logo vendido de novo para converterse en Force India en 2008.