Julian Huxley Biografía Nacemento 22 de xuño de 1887 Londres, Reino Unido Morte 14 de febreiro de 1975 (87 anos)Londres, Reino Unido Lugar de sepultura Golders Green Crematorium (en) Director-General of UNESCO (en)
Datos persoais País de nacionalidade Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927) Reino Unido Relixión Ateísmo Educación Balliol College, Oxford (pt) Eton College Actividade Campo de traballo Bioloxía , transhumanismo , Bioloxía evolutiva , Embrioloxía e filosofía Ocupación biólogo evolutivo , filósofo , fisiólogo , biólogo , catedrático , etólogo , escritor , director de cinema Empregador Universidade Rice (pt) King's College de Londres Membro de Movemento Ateísmo Lingua Lingua inglesa Carreira militar Rama militar Exército Británico Rango militar tenente de segunda Conflito Primeira guerra mundial Obra Arquivos en Familia Cónxuxe Juliette Huxley Fillos Anthony Julian Huxley , Francis Huxley Pais Leonard Huxley (pt) e Julia Huxley (pt) Irmáns Aldous Huxley , Andrew Huxley , [Noel] Trevenen Huxley (en) e Margaret Arnold Huxley (pt) Premios
Thomas Henry e Julian Huxley en 1895.
Julian Sorell Huxley , nado en Londres o 22 de xuño de 1887 e finado o 14 de febreiro de 1975 , foi un biólogo , escritor , humanista e internacionalista británico , coñecido polas súas contribucións á popularización da ciencia a través de libros e conferencias. Foi o primeiro director da Unesco e foi nomeado cabaleiro británico en 1958 .
Huxley formaba parte dunha familia distinguida. O seu irmán era o escritor Aldous Huxley , e era medio irmán doutro biólogo, o premio Nobel Andrew Huxley ; o seu pai foi o escritor e editor Leonard Huxley ; e o seu avó paterno foi o biólogo Thomas Henry Huxley , famoso por ser colega e apoiar a Charles Darwin . O seu avó materno foi o académico Tom Arnold .