Kajaani (fi) Kajana (sv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Finlandia | ||||
Axencia Rexional | Axencia de administración rexional do norte de Finlandia | ||||
Rexión | Kainuu | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 36.513 (2023) (19,9 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua finesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Kajaani | ||||
Superficie | 1.834,83 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1651 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Jari Tolonen (en) | ||||
Órgano lexislativo | Kajaani City Council (en) , (Escano: 51) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Baiona concello de Östersund (1943–) Schwalm-Eder (pt) (1973–) Nyíregyháza (1981–) Marquette (1997–) Jiujiang (pt) (2006–) | ||||
Páxina web | kajaani.fi |
Kajaani (en sueco Kajana) é unha cidade de Finlandia. Está localizada no centro do país, ao sueste do Lago Oulu (en finés Oulujärvi), que drena ao golfo de Botnia a través do Río Oulu (en finés Oulujoki). É o centro e capital da rexión de Kainuu, da cal é tamén a cidade máis poboada. Limita cos concellos de Paltamo e Sotkamo, ambos pertencentes á súa mesma rexión, Pyhäntä, Siikalatva e Vaala, pertencentes á rexión de Ostrobotnia do Norte, e Sonkajärvi e Vieremä en Savonia do Norte. A día 31 de agosto de 2019 tiña unha poboación de 36 840 habitantes.
A cidade fundouse no século XVII, alimentada polo crecemento da industria do alcatrán. Sucumbiu ante as forzas rusas durante a Gran Ira do século XVIII, que destruíu o castelo de Kajaani en 1716. Hoxe en día, a economía local está impulsada principalmente polas industrias do serradoiro, a madeira para construción e a industria papeleira, aínda que a fábrica de papel de UPM Kymmene en Kajaani, a principal empresa que proporcionaba traballo dende 1907 ata 2008, está agora pechada. A igrexa de Kajaani foi construída en 1896 en estilo neogótico polo arquitecto Jac Ahrenberg, substituíndo a unha igrexa anterior. O Teatro Municipal de Kajaani fundouse en 1969.
Kajaani é a casa de dous equipos de fútbol, AC Kajaani e Kajaanin Haka, e do equipo de hóckey sobre xeo Hokki. A Universidade de Ciencias Aplicadas de Kajaani foi fundada en 1992.