Kalevan Pallo | |
---|---|
Fundación | 1929 |
Cidade | Kuopio, Savonia do Norte Finlandia |
Estadio | Kuopion jäähalli (5 300 espectadores) |
Liga | Liiga |
Campionatos | 0 |
Propietario(s) | KalPa Hockey Oy Sami Kapanen Kimmo Timonen Scott Hartnell |
Adestrador | Pekka Virta |
Cores | Amarelo e negro |
Na rede | |
https://www.kalpa.fi/ |
O Kalevan Pallo ou KalPa é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Kuopio, Savonia do Norte (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo profesional finés. Xoga os seus partidos como local no Kuopion jäähalli, pavillón con capacidade para 5 300 espectadores.
Fundado en 1929, o equipo nunca conseguiu gañar o campionato finlandés, se ben chegou dúas veces ás finais, conseguindo dúas medallas de prata (1991 e 2017), ademais gañou o bronce en 2009. En 2012 o equipo gañou o Trofeo Memorial Harry Lindblad como campión da liga regular. Ademais, en 2018 KalPa fixo historia ao converterse no primeiro equipo finlandés en proclamouse campión da prestixiosa Spengler Cup en Davos, Suíza.
KalPa conta tamén cun equipo feminino, denominado KalPa Naiset, que compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Liiga, competición na que conseguiu o subcampionato en 2021.