Kanji (漢字, literalmente "carácter han") é o nome dos caracteres chineses utilizados na escrita da lingua xaponesa
Dentro do proceso de consolidación da linguaxe xaponesa, á par dun desenvolvemento de alfabeto silábico, adoptouse o sistema ideográfico chinés para expresar a lingua. O uso dos kanji é un dos tres principais xeitos de escrita xaponesa, os outros dous son hiragana e katakana, agrupados como kana.
Os kanji úsanse para expresar só conceptos, a diferenza do chinés, onde poden ser tamén utilizados no seu carácter fonético. Nunha mesma palabra poden convivir kanji con kanas: a un kanji corresponde un significado e usase como determinante da raíz da palabra, mentres que as derivacións, conxugacións e accidentes exprésanse mediante o uso de kana (en especial de hiragana) co nome de Okurigana, así conviven tanto o sistema de escrita autóctono e o sistema importado.
Unha pequena curiosidade é que o xaponés, ao adquirir a escrita Han no século VII, mantén case inalterados os símbolos que na China continental foron reformados (simplificados) durante a Revolución Cultural dos anos 60.