Kansas

Modelo:Xeografía políticaKansas
State of Kansas (en) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna

HimnoHome on the Range (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Per aspera ad astra (en) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialSturnella neglecta (pt) Traducir (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumeThe Sunflower State Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRio Kansas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°30′N 98°00′O / 38.5, -98Coordenadas: 38°30′N 98°00′O / 38.5, -98
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalTopeka Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.937.880 (2020) Editar o valor em Wikidata (13,79 hab./km²)
Número de fogares1.141.985 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie213.100 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0,63 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Arkansas e Rio Kansas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude600 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMount Sunflower (pt) Traducir (1.231,1 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoVerdigris (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación29 de xaneiro de 1861 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Kansas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governor of Kansas (en) Traducir Editar o valor em WikidataLaura Kelly (2019–sen valor) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoKansas Legislature (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialKansas Supreme Court (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-KS Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS481813 Editar o valor em Wikidata

Páxina webkansas.gov Editar o valor em Wikidata
BNE: XX455331

Kansas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Medio Oeste (Midwest) do país. O centro xeográfico dos 48 Estados Unidos continentais -é dicir, sen Alasca e Hawai- está localizado na rexión norte de Kansas, no condado de Smith. O centro xeodésico de América do Norte localízase tamén en Kansas, no condado de Osborne. Este centro utilízase como punto de referencia para todos os mapas feitos polo goberno dos Estados Unidos.

Limita ao norte co estado de Nebraska, ao oeste con Colorado, ao sur con Oklahoma e ao leste con Missouri.

Kansas é un dos líderes nacionais da industria agropecuaria. O estado é o maior produtor de trigo do país, o que fai que sexa coñecido como Wheat State (Estado do Trigo) e Breadbasket of America (Panera de América, ou Celeiro de América). Kansas posúe tamén un dos maiores rabaños de gando bovino do país. A agricultura e a gandería foron durante gran parte da historia de Kansas a súa principal fonte de renda. Dodge City é considerada por moitos como a "Capital Mundial dos Cowboys". Kansas tamén posúe unha forte industria mineira, e é un líder nacional na produción de petróleo e gas natural. Actualmente, as principais fontes de renda do estado son o comercio e a industria.

Durante a década de 1850, coa Lei de Kansas-Nebraska, gran número de abolicionistas e defensores do traballo escravo instaláronse en Kansas. Moitos enfrontamentos entre milicias abolicionistas e escravistas sucedéronse en Kansas, así como no estado veciño de Missouri (onde o traballo escravo estaba permitido). Estes conflitos eran tan violentos que Kansas recibiu o alcumo de Bleeding Kansas (Kansas Sangrante) na década de 1850. Outro apelativo de Kansas, que posúe as súas orixes neste conflito, é Jayhawker State. Jayhawker é como se coñece un acto común dos abolicionistas, de invadir granxas escravistas en Missouri, saquear facendas e liberar escravos. O 29 de xaneiro de 1861, Kansas converteuse no 34º estado estadounidense.

O alcume máis coñecido de Kansas é The Sunflower State (O Estado Xirasol). Os xirasois cobren boa parte das extensas chairas do estado. O nome Kansas posúe a súa orixe na tribo amerindia kansa, que vivían na rexión ata o século XVIII. Kansa significa "pobo dos ventos do sur".


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy