Kappa

Maiúscula e minúscula da letra kappa.
Para a compañía téxtil homónima véxase: Kappa (empresa).

Kappa é o nome da décima letra do alfabeto grego (κάππα); equivale ao /k/. Minúscula κ, maiúscula Κ. Adoita transcribirse como c. Provén da letra do alfabeto fenicio kaf, que representaba unha oclusiva gutural xorda. Como signo numérico representaba o vinte. En maiúscula serve tamén para designar o décimo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o décimo da Odisea.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in