Kendo

Combate de kendo.
Kendo na escola agrícola aredor do 1920

O kendō (剣道) é un gendai budō, unha arte marcial xaponesa, no que se utiliza unha armadura (bōgu) e un sabre de bambú (shinai). O nome provén do ken: sabre e : camiño, vía.

As súas orixes derivan do kenjutsu, arte marcial que se realizaba con catana, o sabre xaponés. Debido a cantidade de accidentes que se producían e a que o uso de armas de fogo comezaba a estenderse, a disciplina derivou cara a unha forma de adestramento incruento. A invención do shinai atribúese a Kamiizumi Hidetsuna, e consta de catro láminas de bambú que se manteñen xuntas mediante distintas pezas de pel.

Dise que o bōgu, ou armadura, foi inventado polo mestre Nakanishi Chuzo de Edo en 1750. As diferentes partes que o compoñen sufriron constantes modificacións a partir da armadura de guerra tradicional da época feudal ata a primeira parte do século XIX, para chegar ó uniforme forte e altamente refinado que se utiliza na práctica do kendō moderno.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy