Phoenix Suns – No. 35 | |
Posición | Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 29 de setembro de 1988 (35 anos) Washington, D.C. |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Montrose Christian School (Rockville, Maryland) Oak Hill Academy (Mouth of Wilson, Virginia) National Christian Academy (Fort Washington, Maryland) |
Universidade | Texas (2006–2007) |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Seattle SuperSonics |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Seattle SuperSonics / Oklahoma City Thunder (2007–2016) Golden State Warriors (2016–2019) Brooklyn Nets (2019–2023) Phoenix Suns (2023–presente) | |
Premios e galardóns | |
1× MVP da NBA (2014) 1× Rookie do ano (2008) 5× Primeiro Equipo All-NBA (2010–2014) 1× Segundo Equipo All-NBA (2016) 7× NBA All-Star (2010–2016) 1× MVP do All-Star (2012) 3× Máximo anotador (2010, 2011, 2012) 1× Mundial da FIBA (2010) 1× MVP Mundial da FIBA (2010) |
Kevin Wayne Durant, nado o 29 de setembro de 1988 en Washington, D.C., é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para os Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA). Ala cunha alzada de 2,06 metros, antes da súa chegada á máxima competición do baloncesto norteamericano, Durant gañou multitude premios que o acreditaban como un dos mellores xogadores de instituto e universitarios do país.
Posteriormente Durant optou por presentarse ao Draft da NBA, sendo seleccionado na segunda posición polos Seattle SuperSonics. Na súa primeira tempada gañou o premio ao Mellor Novato da competición, este bo rendemento levouno en 2007 a asinar un contrato coa compañía deportiva Nike. Na tempada 2009-10, cunha media de 30,1 puntos por encontro, sendo o xogador máis novo en conseguilo, entrando tamén no quinteto ideal da liga, ao ano seguinte repetiría os logros. Outro éxitos destacados polo momento na súa carreira son o Mundial de Baloncesto de 2010, onde foi nomeado mellor xogador do torneo, e o MVP do All-Star Game 2012 en Orlando, Florida.