Khanato[1][2] é unha palabra de orixe turca-mongol utilizada para describir unha entidade política gobernada por un khan.
En turco moderno, a palabra que se usa é kağanlık, e no azarí moderno da República de Acerbaixán, xanlıq. En Mongolia utilízase a palabra khanlig, como en Khereidiin Khanlig, que significa khanato de Kerait.
Esta entidade política é típica dos pobos da estepa de Eurasia e pode ser equivalente a outros termos tribais como cacicado, principado ou reino.
Os khanatos foron ás veces reagrupados en khaganatos, unha especie de Imperio baixo a autoridade dun khan soberano, khan de khanes, coñecido en galego como Gran Khan ou khagán (turco: kağan; mongol: хаган).